CONSENTIMENTO

01/12/2011

Logo de dous anos de intenso labor, poñemos das vosas mans: CONSENTIMENTO, un traballo que arrecende a muller, a terra, a coherencia e sobre todo que leva impresa a esencia de Leilía, a de respectar o pasado, pero coa vista posta no futuro.

O cambio de formación musical; a colaboración de: Mariña Pérez Rei, Ana Romaní, Marilar Aleixandre, Ana Amado, Yolanda Castaño, Eva Moreda e Eva Veiga; xunto coa homenaxe á muller galega, como creadora, conservadora e transmisora da tradición oral galega, focalizado na figura de Eva Castiñeira, son os elementos diferenciadores de CONSENTIMENTO.

Abrídeo e disfrutade das coplas, das melodías, da música, e impregnádevos do mimo e o coidado que nel puxemos!

Que vos guste, está feito para vós!

Para ir abrindo boca CONVIDÁMOSVOS A ESCOITAR un dos nosos novos temas:
«Como un soño que pasa»

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame

Benvidos e benvidas!

25/05/2011

Dámosvos a benvida ao noso novo espazo web a través do que vos queremos contar un pouco máis de nós, dos nosos proxectos, dos concertos ou aquelas cousas nas que andemos metidas e poidan ser do voso interese. Entrade, curioseade, remexede, gozade e se queredes, contádenos o que vos parece, se vos gusta, se non vos gusta, se botades algo en falta ou simplemente o que queirades dicirnos a través da sección Vós. Aquí vos esperamos!

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame

Leilía nos «Premios da Música» a mellor canción en galego

21/04/2004

Leilía contra a guerra

«PEDRAS contra tanques». Con este tema escrito por Suso de Toro, Leilía gañou o premio á mellor canción en galego. Un galardón que se entrega nos Premios da Música. Con «Pedras contra tanques», as pandeireteiras compostelás botaron a andar unha alegoría chea de significado. Abonda con ver calquera dos noticiarios, abrir un xornal ou poñer a radio para imaxinar a grande traxedia dos pobos que están enfrascados na guerra, coma se non puidera ser doutro xeito. Lugares onde os nenos aprenden antes a manexar o tiracoios que a escribir. Se é que viven para chegares a iso. A cultura, a educación, a sanidade, as cuestións sociais, todo está rendido ó enfrontamento, á resistencia; á guerra se se prefire. Estou a referirme, claro, a esa parte do mundo, ao que pertencemos todos, chamado Palestina, Iraq, etc. «Das pedras de David aos tanques de Golias», que escribiu Saramago. Leilía fixo tamén outra «pedra» coa que loitar contra a guerra. Pandeiretas feitas con pel de voces tradicionais galegas. Unha música que soa tan ben que fai albiscar ventos que algún día serán de paz. De momento, polo que se anuncia, os nosos véñense. Benvidos sexan.

TRIBUNA Lugo(21-04-2004)
Autor do comentario: CARLOS VÁZQUEZ
Hemeroteca web

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame