LEILÍA DE RAÍZ
Ao son das pandeiretas e voces ofrecemos a singularidade, a beleza e a forza da nosa música tradicional, na que a figura da muller tivo un peso determinante, tanto na creación de melodías, ritmos e letras, como na súa transmisión. É  o canto da xente da aldea que noutro tempo non tiña máis divertimento que xuntarse para bailar ao son das pandeiretas, latas, e outros utensilios de uso doméstico que, sen ser concibidos para a percusión, acabaron formando parte do elenco de instrumentos susceptibles de xerar novos sons. Todo isto ten cabida neste espectáculo que transmite a forza da nosa música e un profundo respecto pola cultura e tradicións.

Riders