Leilía 2014 , 25 anos xuntas (31/12/2013)

31/12/2013

…, a piques estamos de recibir o novo ano!!

Neste 2014 que botamos a andar Leilía fará 25 anos!!…, anos nos que percorremos aldeas na busca de melodías e xeitos de cantar e tocar, anos nos que aprendimos moito dos nosos maiores, nos que fomos evolucionando…

Ó longo deste percorrido xuntas gravamos discos, actuamos en multitude de escenarios, demos a coñecer a nosa cultura e riqueza popular, coñecimos a moitas persoas fantásticas… O compendio de todas estas experiencias fixo que medraramos como grupo e tamén como persoas!.

Para todas e cada unha de nós pertencer a Leilía supón un orgullo moi grande, pero temos claro que nada do que levamos feito tería sentido sen vós! Sodes vós os que, dende o outro lado, nos dades azos, que con fíos invisibles chegan a nós e nos axudan a manter as ilusións!

Mil gracias de verdade, e ogallá que este ano que está a piques de empezar chegue cargado de ilusións, proxectos, alegrías, amizades, saúde…, e música, moita música, que poidamos compartir todos!!

  • Facebook
  • Twitter
  • Meneame