Consentimento

Consentimento

2011

Portada e obras: Xesús Carballido

1. BONAVAL

Firminstáns, Ames, A Coruña
Letra: Mariña Pérez Rei
Música: Tradicional

Cruzo Bonaval con noite
a lúa vaime abrigando
coa música da fonte
meu amor vaime arrolando.
Ai la la la…

Meu amor vén ao meu peito
quere sentir a lentura
dorme a torre no seu leito
a miña boca na súa.
Ai la la la…

Hei saber do manancial
hei beber da súa auga
as sandalias nunha man
quero camiñar descalza.
Ai la la la…

Ten ollos de sentinela
ten a pel da escuridade
coma o corpo dunha hedra
sinto medrar a cidade.
Ai la la la…

Sinto medrar a cidade
as luces escintilando
cruzo o val como unha ave
e a lúa vaime abrigando.
Ai la la la…

2. POR RIBA DO MEDO 3:26

Bardáns, Concello de Tordoia, A Coruña
Letra: Ana Romaní
Música: Tradicional

Algún día esta voz era
algún día esta voz foi
o abalo que me calma
ai a furia que me doe.

Con ela tirei as cordas
nela naveguei os mares
ando agora agatuñando
por riba destes pesares.

Ai, e dálle daquí e dálle dalí
por riba do medo por riba de ti.
Por riba de ti, por riba de ti
e dálle daquí e dálle dalí.

Que esta voz me deu a vida
nela son con ela canto
prende lume nesta boca
bota fóra o meu espanto.

Ai, e dálle daquí e dálle dalí
por riba do medo por riba de ti.

Aí vén vindo xa se oe
o cantar colma a razón
abre a porta vén rulando
trae contigo esa paixón.

Ai, e dálle daquí e dálle dalí
Por riba do medo por riba de ti.

3. CINSAS 3:41

Folgoso, Cerdedo, Pontevedra
Letra: Rosario Rodríguez
Música: Tradicional

Heiche de roubar a alma
algún día me dicías
meniña has de ser miña
inda que me leve a vida.

Está escrito no ceo
o que as nubes van chorando
as cinzas da nosa historia
o vento vainas levando.

Esta noite hei de atopar
as estrelas que me han guiar
no camiño heite olvidar
sen botar a mirada atrás
sen botar a mirada atrás
sen botar a mirada atrás
esta noite hei de atopar
as estrelas que me han guiar.

Soños dunha noite tola
tecidos pola paixón
que nin ben se ergue o día
nunca máis acordan, non.

Esta noite hei de atopar
as estrelas que me han guiar
no camiño heite olvidar
sen botar a mirada atrás.

Non teñas pena de min
o tempo ha de ir curando
as mentiras dos teus beizos
agora estou olvidando.

Esta noite hei de atopar
as estrelas que me han guiar
no camiño heite olvidar
sen botar a mirada atrás

4. CORAZÓN DE SAL 4:44

Bembibre, Val do Dubra, A Coruña
Letra: Marilar Aleixandre
Música: Tradicional

Non me traias alegrías
xa teño abondo coas penas
entrei descalza no mar
a miña rede está chea.

Veñan mareas, imos cantar
non me mires, non me mires
se á noite non me has tocar
tes palabras de auga fría
eu o corazón de sal.

As miñas penas son nubes,
ao medrar en treboada
han asolagar o mar
en bágoas de auga salgada.

Veñan mareas, imos cantar
non me mires, non me mires
se á noite non me has tocar
tes palabras de auga fría
eu o corazón de sal.

A lingua chea de cinza
sen ti fico desterrida
as túas palabras de sal
aguilloando na ferida.

Veñan mareas, imos cantar
non me mires, non me mires
se á noite non me has tocar
tes palabras de auga fría
eu o corazón de sal.

5. A VOZ DAS EVAS

Agransón, Muxía, A Coruña
Letra: Ana Amado
Música: Tradicional

Escoita, vai escoitando
non toda a vida é tormento
dos corazóns xorde o canto
medra no traballo lento.

Escolle, vai escollendo
de toda a festa o cantar
o que lle ten sentimento
o que mellor vai soar.

Escolle, vai escollendo
aprendendo, preguntando
as evas que tiña o mundo
que pouquiñas van quedando!

Recorda, vai recordando
que rápido van os tempos
o pandeiro no faiado
o cantar levouno o vento.

Escoita, vai escoitando
escolle, vai escollendo
recorda, vai recordando
con orgullo e sentimento.

Con orgullo e sentimento
ollos pechados no canto
a voz tinxe o silencio
o pasado latexando.

Con orgullo e sentimento
a súa vida nos cantos
cantos dos que van morrendo
muiñeira dos camposantos.

6. DE RONDÓN

Mangüeiro, Avión, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Non te fagas de rogar
nin me digas eu que sei,
dime que si ou que non
que é máis honrado e de lei.

Non quero que te vaias
nin que te quedes
nin que me deixes soa
nin que me olvides.

Os meus pensamentos todos
van e veñen de rondón
unha vez dinme que si
outra vez dinme que non.

Non quero que te vaias
nin que te quedes
nin que me deixes soa
nin que me olvides.

Quero dicir e non digo
e estou sen dicir dicindo
quero querer e non quero
e estou sen querer querendo.

Non quero que te vaias
nin que te quedes
nin que me deixes soa
nin que me olvides.

Ti querías eu non quixen
non temos queixa un do outro
ti quedaches onde estabas
eu quedei onde me atopo.

Non quero que te vaias
nin que te quedes
nin que me deixes soa
nin que me olvides.

7. CORTELLAS

As Cortellas, Soutomaior, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Pandeiro de catro esquinas
non se toca cunha man
faino a miña cuñada
a muller do meu irmán.

Este pandeiro que toco
non é meu que é de María
que llo pedín emprestado
para ir á romaría.

Toca pandeiriño toca
se non heite de cribar
na banda de alá do río
nunca quixeches tocar.

Este pandeiro que toco
por moito que repenique
non teñas medo que rache
que é de coiro de cacique.

Vou a dar a despedida
e non é pra me marchar
é para dar o pandeiro
a quen o queira tocar.

8. VOZ DAS AMIGAS

Rubiós, As Neves, Pontevedra
Letra: Yolanda Castaño
Música: Tradicional

A miña voz, compañeiras,
non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.

A miña voz, compañeiras,
tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
Dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.

A voz das miñas amigas
Dame folgos pra avanzar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

9. COIRO DE CACIQUE

Firminstáns, Ames, A Coruña
Letra: Tradicional, Felisa Segade
Música: Tradicional

Que xa non te quero porque
xa non vales nada e anda
que xa non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Ti gobernas el goberna
todos queren gobernar
ou o goberno ten mel
ou non mo sei explicar.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

E de aí que moitos digan
déixame andar e veremos
que o mundo dá moitas voltas
e como fagan faremos.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Quen é o que manda aquí
a quen queren engañar
nin fan todo o que din
nin din todo o que fan.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Que xa non te quero porque
xa non vales nada e anda
que xa non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Se non chegan ó goberno
non lles teñas compaixón
sarna con gusto non pica
nin hai mel sen aguillón.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Sarna con gusto non pica
nin hai mel sen aguillón.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

10. CORREN OS AMORES 3:13

Agransón, Muxía, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Muiñeira da ribeira
muiñeira ribeirana
o tocar da muiñeira
tócocho de mala gana.

Déstesme unha pera podre
toda rillada dos ratos
á que lle destes o bico
vaille levar os abrazos.

Non te fíes en los hombres
aunque digan bien te quiero
al revirar la espalda
si te he visto no me acuerdo.

Anillo das sete perras
sal para fóra do meu dedo
que ti fostes o causante
de eu ter amores tan cedo.

As estrellas corren corren
todas nunha carreiriña
tamén corren os amores
da túa porta á miña.

Non te fíes en los hombres
anque los veas llorar
en las lágrimas te dicen
el pago que te han de dar.

Virgen da Barca valeime
virgen da Barca valeime
que estou no medio do mar
non hai barquiño que reme.

Eu caseime por un ano
por saber que vida era
o ano vaise acabando
solteiriña quen me dera.

Este ano fun á Barca
pró que vén hei de volver
que me quedou a mantilla
no altar sen recoller.

Ailalelo ailelelee…
Ailalelo ailelelee…

11. NOITE DE FESTA

Toutón, Mondariz, Pontevedra
Letra: Eva Moreda
Música: Tradicional

Moreno dos ollos tristes,
porque hoxe é noite de festa,
bailemos xuntos os dous
no abrazo da noite negra.
Ai lalala…, ai lalala…

Ninguén nos ha molestar
máis que o brillo das estrelas,
só quero perderme en ti
todas as noites de festa.
Ai lalala…, ai lalala…

O peito quéimame todo
co lume das cacharelas,
é porque estás onda min,
meixela contra meixela.
Ai lalala…, ai lalala…

O mundo é de cor e riso,
cando estás á miña beira;
e pérdome nos teus ollos,
que medran como a marea.
Ai lalala…, ai lalala…

Que siga tocando a gaita,
e as mozas a pandeireta,
a música eu só escoito
que cantas á miña orella.
Ai lalala…, ai lalala…

Que non rompa nunca o día,
que esta noite sexa eterna
que eu quero bailar contigo
porque hoxe é noite de festa.
Ai lalala…, ai lalala…

12. COMO UN SOÑO QUE PASA

Imende, Carballo, A Coruña
Letra: Eva Veiga
Música: Tradicional

Ailala

Será para que me queiras
para quererte que eu vivo
e agardando estou
ven buscarme, meu amigo.

Ailala

De soidade o tempo
murcha se non é contigo,
que se acende a vida
ai, amor, se vés comigo.

Ailala

Sempre un río son dous ríos
que van xuntos polo ceo:
ti nas mans traes o sol,
as miñas serán de xeo.

Coma quen vai polo mundo
ardendo na neve pura
o noso son namorando
ai, sede que non ten cura!

Será para que…

13. JOTA DE EVA

Agransón, Muxía, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

La jota la toco yo
la jota la toco yo
y como soy forastera
no puedo decir que no.

A tu puerta llaman puerta
a tu ventana ventana
a tu madre jardinera
a ti rosita del alma.

E non ten ferriñas
ferriñas non ten
e non ten ferriñas
pero toca ben,
pero toca ben
pero toca ben
e non ten ferriñas
ferriñas non ten.

La pandereta en mi mano
yo la hago tocar al vuelo
que me parece que baila
la prenda que yo más le quiero.

E vai polo río,
polo río vai
e vai polo río
e no mar non cae
e no mar non cae
e no mar non cae
e vai polo río,
polo río vai.

Ya voy dar la despedida
a todos uno por uno
que no quiere mi corazón
quedar a mal con ninguno.

E non ten ferriñas
ferriñas non ten
e non ten ferriñas
pero toca ben…

Si te encuentro en la calle
me lo tienes que dar
el tacón de la bota
para taconear (bis).

Y aquí me lo tienes que dar
el tacón de la bota
para taconear (bis)
si te encuentro en la calle
me lo tienes que dar.

Músicos

  • Xoán Porto: guitarra, gaita, acordeón (temas 1, 5, 10, 12 e 13), teclados (tema 13) e programación (tema 5).
  • Xacobe Martínez: contrabaixo
  • Vadim Yukhnevich: acordeón

Arranxos

  • Xoán Porto e Felisa Segade (percusións)