Leilía​

Leilía​

1994

Portada e obras: Xesús Carballido

1. SERÁN DO BARRIO DO CEO 2:26

Barrio de Ceo, Mondariz Balneario, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Axúdame aquí Delfina
que eres moza para todo
se rompemos o pandeiro
compraremos outro novo.

Rapaciña a do gando
con que peinas o cabelo
cunha herba que hai no monte
que lle chaman tomentelo.

O río cando vai cheo, ai la, la, la,
ai, leva carballos e follas (bis)
ai, tamén podía levar ai la, la, la,
ai, as linguas murmuradoras.

Adiós que me voy del mundo ai la, la, la,
ai, porque la tierra me llama (bis)
dejo el testamento hecho ai la, la, la,
ai, que me entierren en tu cama.

2. ALALÁ E MUIÑEIRA VELLA DE SEAIA 3:30

Seaia, Malpica, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Saralala foi a Roma
Saralala foi e veu
buscar a flor do romeo (bis).

A miña nai non me quere
porque non vou á fiada
se non fago a sementeira
non recollerei anada.

María miña María
échale aghua a tus claveles
ya verás por la mañana
que florecidos los tienes.

Cartas van y cartas vienen
mi vida, por el correo
para que quiero las cartas
mi vida, si no te veo.

Zapatos que no me sirven
a la calle los rogué
no se me da que otros anden
zapatos que yo dejé.

Onde van os de Seaia
e os de Seaia onde van
onde van os de Seaia
na foliada no están.

3. MAZURCA E JOTA DE AXEITOS

Axeitos, Ribeira, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Tanto che quero, quéroche tanto
tanto che quero miña cariña de cielo
tanto che quero, quéroche tanto
tanto che quero miña cariña de demo.

Todos me din que me case
todos me din que vou ben
todos me din que me case
pero non me din con quen.

Tanto che quero…

Déixame subir ó alto
que no alto vexo ben
para ver os meus amores
que non falen con ninguén.

Tanto che quero…

***

Válgame Dios de los cielos
que desgraciado nací
no tengo padre ni madre
ni quien se acuerde de mi.

Y con esta ya van dos
y el galán que anda en el baile
dea una vuelta por Dios
y con esta ya van dos.

Todos los que estamos juntos
todos los que aquí estamos
quedan los que están tocando
en el cielo nos veamos.

4. MUIÑEIRA DE GRIXOA E JOTA DE SOUTELO DE MONTES

Grixoa, Santiago de Compostela, A Coruña
Soutelo de Montes, Forcarei, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Unha boa cantadora
téñoa de par de min
se me preguntan por ela
direilles que non a vin.

Dime por qué non me falas
dime quen te aconsellou
non falo porque non quero
do que falei me pesou.

Chégate aquí onda min (bis)
que che quero preguntar
en que eu che aborrecín.

Vela acolá vén a lúa
rabeando por nacer
tamén veñen os meus amores
quen mos dera conocer.

***

Cando saín de Soutelo
os meus ollos eran fontes
adiós monte de Soutelo
adiós Soutelo de Montes.

Si me quieres dar la muerte
olvídame prenda mía
no hay cuchillo más fuerte
para me quitar la vida.

Onde vai que non nos vimos
máis hai que non nos falamos
xa o camiño bota herbas
onde nós paseabamos.

Teño un pesar como un puño
heicho de contar un día
no meu corazón non cabe
cousa de melancolía

5. TRULLA, AÑAS E CANTO DE ABRIL DE GARGAMALA

Gargamala, Mondariz, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Da banda de alá do río
do río da outra banda
a do sombreiriño negro
moitos recordos che manda.

Que viva a trulla
que a trulla viva
que viva a trulla
toda a vida.

Debajo de aquel piñeiro
tiene mi amante la cama
cuando se va a acostar
cuelga la luz en la rama.

Que viva a trulla….

***

O noso homiño de hoxe
Dios nolo deixe vivir
que nos deu a liberdade
para nos adivertir.

Y ahora que va la mía
y la de mi camarada
y ahora que va la mía
la tuya no vale nada.

Vou a dar a despedida
despedida vou a dar
vou a dar a despedida
e agora vou acabar.

Canto de home, canto de home
tamén canto de muller
tamén sei facer a burla
de quen de min a fixer.

Aquí mozas, aquí mozas
de roda do meu sombreiro
heivos de casar a todas
se me sobra o diñeiro.

6. PANDEIRADA DA MIÑATA 3:56

A Miñata, Coristanco, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Baila que non é de risa (bis)
antes de saír do baile
has de suar a camisa.

Ai, non quero té
e mais o café
dáme un vaso nena
a ver que bo é.

Vaina levando na volta
na volta vaina levando
vaina levando na volta
coma quen que vas bailando.

Para cantar veño eu
para bailar meu irmán
para tocar o pandeiro
viva quen o ten na man.

Ai non quero té…

***

Para un irmán que teño
aínda mo queren levar
ai, meu irmanciño da alma
ai, como eu te hei de deixar.

Acabóuseme o tabaco
ai, acabóuseme o fumar
ai, acabáronseme as falas
ai, que tiña para che dar.

Ai non quero té…..

Chamáchesme moreniña
ai, á vista de tanta xente
ai, agora vaime a quedar
ai, moreniña para sempre.

7. CANTO DE ANDAR O CAMIÑO DE BEMBIBRE 6:01

Bembibre, Val do Dubra, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Ahora que voy entrando
en la calle de la palma
le voy a echar una copla
a mi querida del alma.

Despierta si estás durmiendo
de ese sueño tan profundo
a tu puerta están cantando
las maravillas del mundo.

Xa non é dela (bis)
é do gaiteiro morena
de Redondela, de Redondela
xa non é dela morena, xa non é dela.

Despierta si estás durmiendo
que durmiendo no estarás
todos los enamorados
duermen un sueño y nada más.

Escribíache unha carta
se ti ma souberas ler
se lla dás a ler a outro
alá vai o meu querer.

Xa non é dela…

Escribín e non firmei
escribín e non firmei
firma ti meu queridiño
que eu firme sempre serei.

Como quieres que te quiera
y que te tenga querer
si entra la semana y sale
y no me vienes a ver.

Xa non é dela…

8. MUIÑEIRA DE BARRÁN

Barrán, Piñor, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Albarona é boa terra
Albarona é bo torrón
Albarona é boa terra
pero como Barrán non.

Miña nai e mais meu pai
están na cama durmindo
non sei qué lle fai meu pai
que miña nai está rindo.

Dille a túa nai
que eu a ti que non te quero
que te colgue no canizo
como colga o unto vello.

Neste lugar de Barrán
hai unha fonte no medio
onde se lavan os mozos
e as mozas peinan o pelo.

Moza do zapato baixo
e da chaqueta prestada
díxome a dona das medias
que lle levases a saia.

9. JOTA E DANZA DE CERDEIRA

Cerdeira, As Neves, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

De nova cantaba ben
e agora vella non podo
cando un novo canta ben
sempre lle vai dando modo.

Non hai run non hai run Maruxiña
non hai run como o da laranxiña
non hai run non hai run Maruxela
non hai run como a da laranxeira.

Laranxeira dos cen anos
bota raíces de prata
tomar amores non custa
olvidalos si que mata.

Non hai run…

Voy a dar la despedida
como dio Cristo en el huerto
hoy despedirme de ti
mañana tocar a muerto.

Non hai run…

Si quieres que te lo diga
cantando te lo diré
cantando tomei amores
cantando los olvidé.

Voy a dar la despedida
con rosas y caraveles
cintas verdes y encarnadas
para que de mi te acuerdes.

10. CANTO DE BERCE 1:44

Bembibre, Val do Dubra, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Este neniño pequeno
quen o vai aturular
súa nai vai no muíño
e seu pai vai traballar

Este neniño pequeno
quen lle ha de dar a teta
súa nai vai no muíño
e seu pai na leña seca.

Este neniño pequeno
heino de aprender a todo
a amasar e a peneirar
a botar o pan ó forno.

Este neniño pequeno
heino de mandar á escola
heille de comprar un bombo
e mais unha castañola.

11. DEVINA ESTRELLA

Trandeiras, Toques, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Ai, divina estrella
ai, divina loce
demostrar la cara
al niño Jesús.

Ai, demostrar a cara
y el será el camino
por donde se vaie
a adorar al niño.

Y adorar al niño
y al niño adorar
y adorar al niño
que está en el altar.

Ay, de lejos venimos
los que aquí llegamos
se nos dan licencia
los reyes cantamos

Ay, se nos dan licencia
y aquí cantaremos
con palabras buenas
encomenzaremos.

Y aquí non e non lle deron
unha gran requina vida
y a puerta de un caballero
y una señora moi linda.

E vostedes que nola deron
nosotros que a levamos
quédense con Dios señores
hasta el año en que volvamos.

Se para el año no venimos
en el cielo nos veremos
en el cielo hai muchos buenos
con ellos nos quedaremos.

12. JOTA E PASODOBLE DE MANGÜEIRO 2:25

Mangüeiro, Avión, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Anda niña anda niña
Anda regalo
dale gusto a tus padres
que te han criado.

Para que me comparas con la arena
para que me comparas con la berbena
si la berbena es blanca
yo soy morena.

Anda nena anda nena
dáte la vuelta
tírame los botones
de tu chaqueta.

Olvídame olvídame
no pienses más en quererme
en quererme en quererme
olvídame olvídame olvídame.

Amores y dolores privan del sueño
yo como no los tengo
descanso y duermo
descanso y duermo nena
descanso y duermo
y amores y dolores privan del sueño.

Olvídame olvídame…

Aunque vayas y vuelvas
y a la botica
y el color amarillo
no se te quita
no se te quita nena
no se te quita
y aunque vayas y vuelvas
y a la botica.

Olvídame olvídame…

13. VERDE-GAIO 2:19

Calvos de Randín, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

As penas do verdegaio
son verdes e amarelas,
non me toques senón caio
non me rompas as canelas

O do verdegaio o do rastrastrás
quero o meu amor quero o meu rapaz
o do verdegaio o do rustrustrús,
quero o meu amor quero o ben Xesús

Vai tu vai tu, vai ela
vai tu para a casa dela
vai tu vai tu, vai ela
vai tu para a casa dela.

É do meu gusto
é da miña opiniao
é da madeira máis fina
da raíz do corazao

Vai tu …

Oh señora Ana señora María
o seu galo canta i o meu asubía
oh señora Ana o seu galo deu
unha latadiña na cara do meu

Vai tu…

Anubía e anubía
e anque anubía non chove
o meu amor está malo
e anque está malo non morre.

O do verdegaio…

Meu caño meu cañonciño
todos te chaman pequeño
e a min me pareces grande
co cariño que che teño.

O do verdegaio …

O cariño que che teño
e mais o que che hei de ter
colle na folla dun toxo
e mais non a ha de encher

O do verdegaio…

14. RUADA DE FOLGOSO

Folgoso, Cercedo, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Para que vuelas tan alto
atrevido pensamiento
para que vuelas tan alto
si has de bajar con el tiempo

Viva Folgoso que tiene
las ventanas hacia el norte
vivan los chicos valientes
que las pasean de noche.

Amores tenía yo
que me decían llorando
que jamás me olvidarían
y me estaban olvidando.

***

Eu chorei chorei
o domingo á tarde
que veña Lourenzo
que diga a verdade

Que digha a verdade
pero con cautela
túa nai é meiga
teño medo dela.

Teño medo dela
e ela non me come
túa nai é meiga
teu pai é mal home

Eu chorei chorei…

15. RONDA DE MANGÜEIRO 2:08

Mangüeiro, Avión, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional

Axudádeme axudádeme
dádeme unha axudiña
que eu non me podo axudar
desta miña gargantiña

Hai que virala (bis)
a navalla de Pepe
non corta nada (bis)
corta bastante
ten coidado meniña
co estudiante.

ti querías e eu non quero (bis)
ti levas a vida triste
i eu ben alegre cha levo.

Por ir ó baile
á Ramallosa
por ir ó baile morena
perdín a moza (bis)
déixala ir
no canto desa morena
outra ha de vir.

La madre que te parió
debía de ser una rosa
para quitar de su vientre
una cara tan hermosa.

Por ir ó baile…

Colaboracións

  • Xulia de Romero (voz)
  • Erminda Miramontes (voz e pandeireta)
  • Manuel Nieto (gaita)
  • Xoan Porto «Guancho» (Tambor e aturuxo)
  • Grupo «Pandeiromus»: X. Manuel Iglesias «Chiño», Carlos Xosé Vidal, Pablo Caramés, Xulio Noia, Ramón Maril, Constantino Prego e Xosé Manuel Breixo «Topo»