Son de Leilía

Son de Leilía

2005

Portada e obras: Xesús Carballido

1. SERÁN DE RUBIÓS 3:49

Rubiós, As Neves, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Intérprete: Leilía

Sachadeiras do meu millo
sachaime o meu millo ben
non miredes para a porteira
que a merenda aí vola aí ven

ai la la…

ai Manuel ramo de loureiro
ai Manuel meu amor primeiro.

Paso ríos paso puentes
siempre te encuentro lavando
la hermosura de tu cara
y el agua la va llevando.

ai la la…

Esta noite hai serán
non me deixan ir a el
coitado de meu irmán
quen ha de bailar con el

ai la la…

Ai arrimeime a ti loureiro
ai pensando que eras calado
ai loureiro langoreteiro
ai todo traes langoretado

ai la la…

Ay eres una lleva y trae
ay que andas llevando y traiendo
ay por delante buena cara
ay por detrás me estás vendiendo

ai la la…

Ai Sara Sara Sariña
ai Sara da miña vida
ai Sara Sara Sarón
ai Sara do corazón.

2. MUIÑEIRAS DE CALVOS DE RANDÍN

Calvos de Randín, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Intérprete: Leilía

Baila con ela, baila con ela
bótalle o brazo por riba
que tú has de casar con ela
cuando a auga corre arriba.

Este paxaro non canta
seica non ten alegría
non se fai cousa de noite
que non se saiba de día.

Agora vén unha orde
que non pode estar mellor
meter os homes no forno
e chamar ó capador.

Ábreme a porta rapaza
se non entro polas tellas
teño un rapaz empezado
e faltánmelle as orellas.

Eres alta coma un ovo
redonda coma unha noz
branca coma chocolate
buena noches nos dé Dios.

3. «AI LA-LE-LO» 3:40

Música: Xoán Porto
Intérpretes: Alecrín – Leilía

4. MUIÑEIRA DE ANXERÍS

Anxerís, Tordoia, A Coruña
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Intérprete: Leilía

Eu aquí nunca cantei
viva o meu atrevemento
por ser a primeira vez
tomarei coñecemento.
ai le le…

En camiño nos puxemos
seguindo un campo de estrelas
para facer peregrinaxe
á terra de Compostela
ai le le…

No camiño atopamos
con xente doutros lugares
e con elas nos chegaron
moitas grandes novidades
ai le le…

Na miña vida tal vin
o que vin esta semana
casteláns, bretóns, galegos
facendo unha foliada.
ai le le…

5. DANZA DE CERDEIRA 4:17

Cerdeira, As Neves, Pontevedra
Letra: Leilía
Música: Tradicional – Eric Liorzou – Leilía
Intérpretes: Loia Leborgne (acordeón), Bernard Quilliem (bombardes gaita), Enrique Muñoz (frauta) e Luis Delgado (bendhir, d´rbouka, k´rebs e tabla)

Ai la la…

Aturuxan alá no monte (bis)
han de ser os peregrinos
non poden pasar a ponte
ai la la…

para Compostela hei de ir
anque me poñan cancelas (bis)
anque non faga máis nada
que cerrar e abrir nelas

Adeus que me vou do mundo
porque a terra me chama
xa cheguei a Compostela
xa tranquilicei a alma
ai la la…

6. PASODOBLE DE FOLGOSO

Folgoso, Cercedo, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional
Intérprete: Leilía

Eu chorei chorei
o domingo á tarde
que veña Lourenzo (bis)
que diga a verdade

Que diga a verdade
pero con cautela (Bis)
túa nai e meiga
teño medo dela

Teño medo dela
ela non me come
túa nai e meiga
teu pai é mal home.

7. TOCATAS DO SERÁN DE QUEIMADELOS

Queimadelos, Mondariz, Pontevedra
Letra: Tradicional – Rumbadeira
Música: Tradicional / Intérprete: Rumbadeira – Leilía

Ai la la…

Aluméame luniña
aluméame lunar
Aluméame luniña
que me quero ir deitar

Baila con ela galán
non te acheges moito a ela
ela é casada de pouco
non ten o amor na terra

***

E os que andan no torreiro
andan ben aparillados
yo si fuera el padre cura
ya los tenía casados

No quiero de tu querer
que tu querer lo repartes
andas como los faroles
que alumbran todas las partes

8. ROMANCE DE FONSECA 3:01

Letra: Xoán Antonio Torrado, poema lido nas Festas Minervais e Exaltación das Musas, s. XVII. A adaptación do texto é de Milladorio.
Música: Milladoiro / Intérpretes: Milladoiro – Leilía

Este gharutiño que aínda agora entrou (bis)
deixalo beillar que aínda non beillou (bis)

Se aínda non beillou o verde limón (bis)
rapaz que es gharoto, rapaz que es pimpón
ora fruta fruta que tes a ocasión
ora se non frutas ficarás lambón

xa aquí vai roubada xa aquí vai da mán (bis)
xa aquí vai metida no meu corazón (bis)

9. CANTO DE NADAL DE LAXOSO 3:15

Laxoso, Ponte Caldelas, Pontevedra
Letra: Tradicional adaptada por Leilía
Música: Tradicional – Xoán Porto – Leilía / Intérpretes: Xoán Porto – Leilía

A Belén camiña
a Virxe María
ó seu lado Xosé
de noite e de día
un amante firme
digno de estimar

Ai antes das doce
a Belén chegar

Foron camiñando
a onde atoparon
a dous pasaxeiros
e lles preguntaron
se para Belen
hai onde quedar

Ai antes das…

Foron camiñando
a onde atoparon
un portal moi vello
e mal amañado
fixeron concepto
de alí se quedar

Ai antes das..

Déitate meu home
se é que vés cansado
e por min non pases
pena nin coidado
se a hora chega
heite de avisar

Ai antes das..

Pola media noite
naceu un meniño
entre palla e herba
o verbo divino
é o rei do ceo
que nos vén reinar

Ai antes das..

Dean o aguinaldo
señores por Deus
que vén de nacer
o fillo de Deus
despachen señores
é preciso andar

Ai antes das…

Se nolo habedes dar
non tedes que lle esperar
imos a correr Galicia
e o reino de Portugal

Esta casa si que é casa
o canteiro que a fixo
por dentro semella o ceo
e por fóra o paraíso

Agora veña agora veña
agora veña se ha de vir
que somos de terra lonxe
e queremos ir durmir

10. FINISTERRE 1:27

Música: José Nieto

11. O NÁUFRAGO

Música: José Nieto

12. COMPOSTELA

Música: Xosé Manuel Budiño
Intérpretes: Xosé Manuel Budiño (gaita en do), Leandro Deltell (percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki), Xavier Díaz (acordeón), Pablo Alonso (clarinete e baixo) e Leilía

13. DANZA DAS CORTELLAS 3:28

As Cortellas, Soutomaior, Pontevedra
Letra: Tradicional
Música: Tradicional – Xoán Porto – Leilía / Intérpretes: Xoán Porto (gaita, acordeón e bombo) – Leilía

Palmira larán Palmira
Palmira larán tras tras
Palmira larán Palmira
roubáchesme o meu rapaz (bis)
Palmira larán Palmira
Palmira larán trastrás

Pandeiro de catro esquinas
non se toca cunha man
faino a miña cuñada
a muller do meu irmán

Palmira….

As centellas corren corren
entran unhas polas outras
tamén as mozas solteiras
din unhas mal das outras.

Palmira..

Andas pra riba e pra baixo
coma a folla da figueira
andas pra riba e pra baixo
e non topas quen te queira

Palmira..

Moito miras para min
moito miras mirarás
tes ollos de pilla pilla
e a min non me pillarás

Palmira..

14. 1000 CAMIÑOS

Letra: Xoán Porto
Música: Xoán Porto / Intérpretes: Xoán Porto (gaita, teclados e programacións), Guillermo Fernández (guitarras e programacións) e Leilía

Perto do cabo do mundo
vestida de choiva e prata
perfumadiña de incenso
Compostela por ti agarda

Andador de mil camiños
mantido de sol e terra
esquece o teu sufrimento
que hoxe has de chegar a ela

ai le le…

Esta noite ha de arrolarte
co seu canto a Berenguela
ai le le…
e gardarán os teus soños
catro xigantes de pedra

Nesta máxica viaxe
ó corazón da beleza
brotan inmortais amores
das bágoas que se sementan

Non dubides bota a andar
vaite de vagar e lembra
nunca morren os amores
que nacen en Compostela

ai le le…
Nunca morren os amores
que nacen en Compostela

15. TOUTÓN 3:54

Toutón, Mondariz, Pontevedra
Letra: Tradicional adaptada por Felisa Segade
Música: Tradicional – Xoán Porto – Leilía / Intérpretes: Xoán Porto (acordeón), Guillermo Fernández (guitarras), Roberto Ezquero (saxos), Kin García (baixo) e Alfredo Teijeiro (batería)

Para que queres o pelo
se non o sabes peinar
para que queres amores
se non os sabes amar.

Para que queres pandeira
se non a sabes tocar,
para que queres a outras
se non sabes namorar.

Para que me dás alento
para rirte de min,
o que ti nunca soubeches
que eu para ti non nacín.

Para que andas falando
de cousa que non fixeches
déchesme un bico na sombra
que na cara non mo deches.

Para que andas pedindo
unha moza á túa beira
inda nunca demostraches
que valías para querela

Para que andas dicindo
que che querían as mozas
quen che ha de querer a ti
sacha de barrer as pozas.