Madama
2003
1. PEDRAS CONTRA TANQUES 3:42
Anxerís, Tordoia, A Coruña
Letra: Suso de Toro
Música: Tradicional / Arranxos: Xoán Porto
Esas pedras contra tanques
Eses corpos que rebentan
En libeliñas vermellas
Toda a carne é sagrada.
Así como chuvia mansa
Este mundo molla e sangra
A memoria non descansa
Toda a carne é sagrada.
Vella liturxia da ira
Alimenta a nosa rabia
Odio con fame de sangue
Toda a carne é sagrada.
O mundo perece aquí
A memoria non descansa
Eu son ti e ti es min
Toda a carne é sagrada.
2. SE SOUBERAS 4:33
Cerdeira, As Neves, Pontevedra
Letra: Felisa Segade, agás a 1ª copla que é tradicional
Música: Tradicional / Arranxos: Xoán Porto
Se soubera que cantando
Te había de seducir
Cantaría día e noite
Deixaría de durmir.
Deixaría de durmir
Só cantando para ti
Se coas miñas cantighüelas
Houberas de ser para min.
Se soubera que es para min
ó rematar esta copla
se soubera que es para min
inda che botaba outra
3. HEI DE ESTAR ALÍ
Pantiñobre, Arzúa, A Coruña
Letra: Suso de Toro
Música: Tradicional – Xoán Porto / Arranxos: Xoán Porto – Leilía
Non che prometo amor
falar do que non sei
mais se as mans che enfrían
hei de estar alí
Non sei dicir mentiras
falando de amor
mais
se faltan as forzas
hei de estar alí
Preguntas polo amor
non me atrevo, non sei
mais se todos marchan
hei de estar alí
Queres falar de amor
que eu non sei dicir
mais
se todos calan
hei de estar alí
Cantei coplas de amor
con palabras segredas
mais se ti mo pides
hei de estar alí
4. FALANDO DE MÁIS
Liñares, Beariz, Ourense
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Arranxos: Leilía
Porque canto como eu quero
me murmuran os celosos
é a envexa corrosiva
que teñen os envidiosos
Aquela marmuradora
que de min está marmurando
na miña casa comía
e dela vaise queixando
Marmura marmurador
marmura de min e doutro
tes unha silla no inferno
para descansar un pouco
Anque de min digan digan
anque de min digan ben
anque de min digan digan
non diga eu de ninguén
5. VAITE POLO MUNDO 5:04
Berdeogas, Dumbría, A Coruña
Letra: Felisa Segade, agás a 1ª copla que é tradicional
Música: Tradicional – Xoán Porto / Arranxos: Xoán Porto – Leilía
Anda vaite polo mundo
que o mundo che aprenderá
que o mundo tamén aprende
a quen ten máis liberdade
Anda vaite polo mundo
non esquezas de onde vés
o que esquece a súa historia
pouco poderá aprender
Anda vaite polo mundo
e aproveita a viaxe
deixa que o mundo te vista
coa roupa da mestizaxe
Anda vaite polo mundo
e non vaias enganado
o que se aprende no mundo
non é sen pasar traballo
Anda vaite polo mundo
sente a túa liberdade
ela abrirache as portas
con ela poderás medrar
Con ela poderás medrar
e chegar ó máis profundo
con todo o que agora sabes
anda vaite polo mundo
6. VAI DANDO A VOLTA 5:47
Zobra, Lalín, A Coruña
Letra: Suso de Toro, agás volta estribillo tradicional adaptado.
Música: Tradicional / Arranxos: Xoán Porto – Leilía
Heiche botar un meigallo
heiche facer un conxuro
hei facer que pagues alto
o prezo do meu orgullo
Heiche facer mal coa vista
heiche de roubar o alento
para que camiñes torto
para que te leve o vento
Deixa que te teña preso
daquela non te hei soltar
a que te teña suxeito
a un pozo heite botar
Pozo ben negro e ben fondo
no que caibamos os dous
atados polas palabras
de odio maxia e amor
vai dando a volta guapo
vai dando a volta
que quero ver a cara
que tes agora
7. NON DIGAS O QUE NON HAI
Santa Mariña, Camariñas, A Coruña
Letra: Tradicional adaptada por Leilía
Música: Tradicional / Arranxos: Leilía
Quero dicir e non digo
e estou sen dicir dicindo
quero querer e non quero
e estou sen querer querendo
E se digo ben
e se calo ben tamén
que non quer meu corazón
quedar a mal con ninguén
Anque me vou non me vou
anque me vou non te olvido
anque me marcho co corpo
quédame aquí o sentido
Esta noite e a pasada
como non viñeches amor
a noite clara e serea
e o camiño andador
Non digas o que non hai
non busques o que non tes
ai dime que non me queres
e vaite por onde vés
Cando quixen non quixeches
agora queres eu non quero
levarás a vida triste
que eu ben alegre cha levo
8. O MEU AMOR 3:38
Illas Açores, Portugal
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Arranxos: Leilía – Xoán Porto – Xosé Ramón Vázquez
O meu amor se ti fores
lévame podendo ser
eu teño de ir acabar
onde ti fores morrer
Eu hei de morrer cantando
xa que chorando nacín
as marabillas do mundo
acabaron para min
O meu amor se ti fores
lévame pudendo ser
eu teño de ir acabar
onde ti fores morrer
9. DEUSA ANTIGA
Millaradas, Forcarei, Pontevedra
Letra: Suso de Toro
Música: Tradicional / Arranxos: Xoán Porto
Sabes os nomes dos astros
sabes os nomes das cousas
deusa terribel antiga
deusa moderna amorosa
E tes o tacto do musgo
e tes o canto da fonte
levas líquidos primeiros
mestura de vida e morte
Tes mareas dentro túa
fecundas nocturna a terra
es a cadea da vida
para parir carne tenra
Deusa humana ti que guías
nocturna na cas do aire
ai cando o mundo dorme
recibes forzas dos mares
Ai moza estrana estrela
lúa dos cornos de touro
pares centauros sereas
animais, xente de ouro
Levas os pasos do ritmo
náceche música dentro
deixa prenderche a cintura
e que me leves moi lento
10. AMANTES
Mordomo, Laxe, A Coruña
Letra: Tradicional adaptada por Leilía
Música: Tradicional / Arranxos: Leilía
Ai amante meu da alma
xa ti o quixeras ser
pero tes que prometer
que non me has de esquecer
Delgada e descolorida
amante estoume quedando
que me falta o teu cariño
que me estaba alimentando
Ai amante meu da alma
ya te lo decía yo
que me habías de esquecer
e ti decías que no
11. E TI QUE TANTO TES 5:03
Anxerís, Tordoia, A Coruña
Letra: Felisa Segade
Música: Tradicional – Xoán Porto / Arranxos: Xoán Porto – Leilía
Vouvos falar dun home
non ha de ser o primeiro
que era tan pobre tan pobre
que só tiña diñeiro
Era tan pobre tan pobre
que o quería demostrar
ía asoballando á xente
todo quería pagar
Algún que se decatou
da miseria que traía
fíxolle unha pregunta
a ver se lle respondía
Dime tí que tanto tes
e relumbras máis que o sol
Dime tí que tanto tes
non terás colesterol?
E ti telo telo
para asoballar
e coa túa fachenda
estalo a demostrar
12. OLVÍDAME 5:03
Mangüeiro, Avión, Ourense
Letra: Tradicional adaptada por Leilía
Música: Tradicional / Arranxos: Xoán Porto – Leilía
Anque vaias e volvas
pola botica
a cor amarela
non se che quita
Olvídame olvídame
non penses máis
en quererme
Amores e dolores
privan do sono
eu como non os teño
descanso e durmo
No alto dá o sol
e vira o vento
ben enganado andas
perdes o tempo
Amores e dolores
privan do sono
eu como non os teño
descanso e durmo
13. CANTAR POR NON CHORAR
Folgoso, Cercedo, Pontevedra
Letra: Leilía
Música: Tradicional / Arranxos: Leilía
Eu chorei chorei
mirando para o mar
que veña o culpable
que diga a verdade
Que diga a verdade
e non máis mentiras
a marea negra
invadiu as rías
Invadíu as rías
e as nosas vidas
outra vez vivimos
esta inxustiza
Esta inxustiza
nunca máis se olvida
xuntémonos todos
ten forza Galicia
Músicos
- Xoán Porto (gaita, acordeón, guitarras e bouzouki)
- Eric Liorzou (guitarras)
- Roberto Ezquerro (clarinete e saxos)
- Kin García (baixo e contrabaixo)
- Rafael Martín (batería e percusións)
Colaboracións
- Gaiteiros de Lisboa (percusión e voz) (11)
- Israel Real (guitarra) (9)
- Kepa junkera (triquitixa) (2)
- Quim Farinha (violín). (3)
- Roberto Grandal (acordeón) (5 e 6)
- Rosario Rodríguez (voz) (8)
- X. Ramón Vázquez (piano e teclados) (3, 8 e 12)
Texto Suso de Toro