Leilía nos «Premios da Música» a mellor canción en galego

Leilía contra a guerra

«PEDRAS contra tanques». Con este tema escrito por Suso de Toro, Leilía gañou o premio á mellor canción en galego. Un galardón que se entrega nos Premios da Música. Con «Pedras contra tanques», as pandeireteiras compostelás botaron a andar unha alegoría chea de significado. Abonda con ver calquera dos noticiarios, abrir un xornal ou poñer a radio para imaxinar a grande traxedia dos pobos que están enfrascados na guerra, coma se non puidera ser doutro xeito. Lugares onde os nenos aprenden antes a manexar o tiracoios que a escribir. Se é que viven para chegares a iso. A cultura, a educación, a sanidade, as cuestións sociais, todo está rendido ó enfrontamento, á resistencia; á guerra se se prefire. Estou a referirme, claro, a esa parte do mundo, ao que pertencemos todos, chamado Palestina, Iraq, etc. «Das pedras de David aos tanques de Golias», que escribiu Saramago. Leilía fixo tamén outra «pedra» coa que loitar contra a guerra. Pandeiretas feitas con pel de voces tradicionais galegas. Unha música que soa tan ben que fai albiscar ventos que algún día serán de paz. De momento, polo que se anuncia, os nosos véñense. Benvidos sexan.

TRIBUNA Lugo(21-04-2004)
Autor do comentario: CARLOS VÁZQUEZ
Hemeroteca web

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.