1989. Primeiros pasos
Leilía nace no ano 89, da man de seis mulleres: Felisa Segade, Montse Rivera, Mercedes Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez, que cunha aposta pioneira e atrevida, nos propuxemos recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Fomos quen de levar por primeira vez aos palcos un espectáculo que, ao son de pandereitas e voces, adubiamos con instrumentos da vida cotía coma latas, sachos, tixola… tal como se facía nas aldeas galegas cando se xuntaban as mulleres para se divertiren. Pronto agromaron os froitos desta aposta precursora grazas á singularidade e beleza da música de raíz.
É así como abrimos un camiño propio ao publicar a mediados dos 90 “Leilía” (Dismedic) composto exclusivamente por pezas tradicionais. Nesta mostra etnográfica as melodías evocan un tempo pasado, que a pesares de agonizar, resístese a esvaecer. Con esta publicación obtivemos un fondo recoñecemento de crítica e público, que descobre un xeito de expresión oral, ata daquela practicamente descoñecido na nosa sociedade
Unha vez sentados os cementos da nosa razón de ser, atrevémonos a dar un paso máis: achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace “I é verdade i é mentira” (Virgin Records) (1998) baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. Este novo paso permitiunos achegarnos a un novo público. Conquerindo así o noso obxectivo: dar continuidade ó pasado a través do presente.
A tradición oral galega é xa parte da nosa música actual.
No ano 2003, publicamos «Madama« (Discmedi) no que seguindo a estela do anterior traballo, incorporamos un novo elemento: letras de temática actual. Para iso contamos, coas máns amigas de Xoan Porto, quen fixo a produción musical e coa inestimable colaboración de Suso de Toro, que dixo que eramos as voces secretas do canto galego.
15º aniversario
No ano 2005, coincidindo co noso 15º aniversario, publicamos “Son de Leilía“ (Leilear), un percorrido pola historia do grupo, no que se reflexaran as raíces tradicionais, así como as pezas máis evolucionadas, pasando polas diferentes colaboracións que tiñamos feitas ó longo dos nosos 15 anos de historia. Así a mestura dá lugar a un traballo no que o pasado convive coa actualidade e no que teñen cabida os temas que fomos gravando con artistas como Milladoiro, Budiño, Bleizi Ruz, e outros, xunto a temas inéditos como a peza central da banda sonora da película Fisterra.
Ás portas do 2012 sae á luz Consentimento, un traballo donde as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio.
30 aniversario
Leilía emprende esta nova aventura cos pés postos no noso novo traballo discográfico e á vez botando a mirada ás nosas orixes e ao percorrido que levamos feito xuntas, desde xa hai 30 anos.
Florece este espectáculo “CantarElas” aunando temas emblemáticos, que nos acompañaron e nos emocionaron nos directos, con temas pouco coñecidos e aos que revestimos co toque actual de Leilía.
Con eles quixemos celebrar o noso aniversario, conectando a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.
Convidámosvos a viaxar da nosa man a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos…, e a percorrer conosco a nosa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao noso público, público ao que nos debemos e ao que queremos agasallar con esta viaxe musical!
Participacións
2020
Tema “O meu amor” en Ons, filme de Alfonso Zarauza
2014
Colaboración coas Ganhadeiras de Itapuá. Salvador de Bahía. Brasil
2013
CD Kepa Junkera en «Galiza»
2012
CD «Cantigas de muller», selo discográfico (Boa Músic)
2010
“Cantigas do camiño” Boa Music
«Cores do Atlántico” de Socorro Lira
2009
“Benzón” de Guadi Galego
2008
Espectáculo “Acústico Feminino”, con Nordestinas e Batuko Tabanka
Espectáculo “La Tierra del Agua” producido por Javier Limón
“Unha Estrela por Guía” producido por Milladoiro en homenaxe a Manuel María
“Pelogato 24” da A.G.G (Asociación Galega de Gaiteiros)
2006
Curtametraxe “o Son de Pan” de César Rodríguez
2004
“Brincadeira” CD conmemorativo dos seus 60 anos
2000
Vídeo “Compostela” (TVE) con Xosé Manuel Budiño
Curtametraxe “Están Vivos, Serán de Pedra”, de Antón Reixa
1999
“Cantigas de Nadal” recopitario de cantos de nadal, (Boa Music).
1998
Banda sonora da película “Fisterra” de Xabier Villaverde. Música de José Nieto.
Curtametraxe “A rosa de pedra”.
1997
“Rumbadeira” de Rumbadeira
“Calamidad Sentimental” de Pilocha
“Arredor” de Xosé Manuel Budiño
1995
“Gallaecia Fulget” de Milladoiro
“Strictly X3 Worwide” álbum que recolle os 19 mellores grupos do folc mundial
“Kalegira Al-Buk” de Kepa Junkera
Espectáculo “Hent Sant Jaquez”, que ten editado un CD co mesmo nome.
“Parrus Contra o Mundo” Os Diplomáticos de Monte Alto
“Fonoteca 92” do Correo Gallego, MC nº15
1991
“Godaxe” de Alecrín
“Cartas Mariñas” Emilio Ca
Premios
2021
Premio FADEMUR e Deputación da Coruña pola aportación de Leilía á cultura, á lingua e ás artes.
2019
Premio “As nosas músicas“ da Asociación a Xesteira
2019
Premio «Cornamusa» do Festival Atlántica
2016
Premio «Rebulir» da Cultura Galega
2013
Premio outorgado por El Correo Gallego na gala “Gallego del Año” en homenaxe pola traxectoria “24 Anos”
2008
Premio-homenaxe. Banda de Gaitas Airiños de Fene
2004
VIII Edición dos Premios da Música «Premio á Mellor canción en galego” por “Pedras contra tanques”. Academia de las Artes y de las Ciencias de la Música
2001
Premio “Galicia en Feminino”. Xunta de Galicia.
1999
Premio AGAPI á mellor banda sonora por “A Rosa de Pedra”
1998
Premio ao Mellor Grupo Galego de Música Tradicional. Programa “Luar”. TVG
1993
Mellor espectáculo Europeo ao “Hent Sant Jaquez”. European Forum Woldwide Music Festivals
1992
“Certame de Jóvenes Intérpretes” (INJUVE)”
1991
Mellor grupo folc-tradicional “II Mostra Cidade Vella” Santiago de Compostela