• Galego
  • Español
  • Nós
  • Discografía
  • Galería
  • Espectáculos
  • Destacados
Menu
  • Nós
  • Discografía
  • Galería
  • Espectáculos
  • Destacados

Vidas Cantadas

Vidas Cantadas

As vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos máis de trinta anos xuntas permítennos dicir que levamos unhas “Vidas Cantadas”, como cantadas eran as vidas das mulleres das aldeas, que nos aprenderon canto sabían e das que nós bebimos o zume da terra.
Afrontamos este novo traballo como un elo máis da cadea que une as nosas orixes, con cada unha das aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos.
Retomando vellas cancións do noso repertorio -coas que nos demos a coñecer- facémolas nosas de novo, e sendo as mesmas melodías teñen outro aire, igual que nós, que sendo as mesmas mulleres xa temos o pouso co que Leilía nos envolve e engalana.
Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, pechamos o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades…, e un sinfín de vivencias que nos fan sentir agradecidas e orgullosas do que Leilía significa para cada unha de nós e tamén para a música deste país.

Conecta con nós

Rúa do Monte Pío, 24 1º Santiago de Compostela
981 58 28 36 · info@culturactiva.org

  • Galego
  • Español
  • Contratacións
  • Prensa
Facebook Spotify Youtube
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Utilizamos cookies para mellorar a experiencia de navegación e analizar o tráfico do sitio web.

Podes ver ler máis información nos axustes.

Privacidade xeral
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración das cookies.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

Cookies analíticas
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.

Manter esta cookie activada axúdanos a mellorar o noso sitio web.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!